Sin categoría

XIV MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

  

PARDIÑAS

 

XIV MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

 

 

 

 

 

Os vindeiros 4 e 5 de Agosto de 2007 terá lugar en Guitiriz (Lugo) a "XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A.C. Xermolos de Guitiriz.

Esta Mostra comezou xa fai catorce anos, coa idea de crear en Galicia unha cita anual onde os mellores luthiers e artesáns estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. Hoxe en día é unha referencia indispensable da música tradicional na península.

 

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñibel durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou
facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos. Non faltedes a esta importante cita!!

PROGRAMA DA MOSTRA

SÁBADO 4 DE AGOSTO

17:00 h. ———————- Apertura da Mostra
17:00 h. a 21:00 h. ——- Escenario libre para músicos espontáneos
18:00 h. ———————- Pregón FUXAN OS VENTOS
18:30 h. ———————- Actuación de LUDOVAINA

DOMINGO 5 DE AGOSTO

11:30 h. a 13:30 h. ————— Escenario libre para músicos espontáneos
12 :00 h. ————–Obradoiro de xoguetes sonoros PABLO CARPINTERO
12 :00 h. —Obradoiro de baile tradicional LUIS PREGO e ROSA HERMIDA
16:00 h. a 21:00 h. ————— Escenario libre para músicos espontáneos
17 :00 h. —Obradoiro de baile tradicional LUIS PREGO e ROSA HERMIDA
18:00 h. ————————-Actuación de OS ENXEBRES DE CACHEIRAS
20:00 h. a 21:30 h. ————— Escenario libre para músicos espontáneos
 

Estándar

Deja un comentario