Archivo

Archive for 23 abril 2007

Seminario de Palletas

23 abril, 2007 Deja un comentario
 
 
SEMINARIO DE PALLETAS
 
 
 
 
"O vindeiro DOMINGO 29 DE ABRIL , vaise a celebrar en MELIDE, o "II
SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA" organizado pola
Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa Asociación Cultural e
Musical O Castelo.

A Asociación de Gaiteiros Galegos con este seminario quere facer especial
fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta
actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos
que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio
de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou
non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e
intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a
perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

Abordaranse temas fundamentais e problemáticos tanto para artesáns como para
intérpretes que xiran en torno a afinación da gaita e todo se fará baixo os
garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia como é a
que teñen os participantes neste seminario: Antón Corral , X. Manuel Gil, J.
Luis Carballo Enríquez e Juan Brea.

Se queredes máis información sobre o seminario, podedes poñervos en contacto
coa Asociación no teléfono 986 847 074 ou ben mandando un correo electrónico
a: secretaria@gaiteirosgalegos.com"

 

 

Anuncios
Categorías:Sin categoría

FIADEIRO

10 abril, 2007 Deja un comentario
 
 
 
I FIADEIRO EN MACEDA
 
 
 
 
O domingo 22 de abril de 18:00 a 22:00, celébrase o "I Fiadeiro", organizado pola Asociación Maçaeda de Limia en colaboración coa Asociación Ourensana de Folclore Tradicional.
 
Será na plaza das Toldas, no centro de Maceda, o aire libre, (no caso de facer mal tempo, trasladarase o Centro Multiusos de Maceda, xunto o polideportivo e a Hípica)
 
Haberá pinchos para todos os asistentes postos pola organización.
No apartado musical, aberto a todo o mundo que queira participar, tocando, bailando, cantando,…, tocarán grupos de alumnos e mestres da AOFT.

Quedades todos convidados a vir e participar.

 
 
 
 
Categorías:Sin categoría

I ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA

9 abril, 2007 Deja un comentario
 
 
I ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA
 
 
 
"O vindeiro sábado, 21 de Abril, vaise a celebrar na Fonsagrada (Lugo), o "I
ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA",organizado pola Asociación de Gaiteiros
Galegos.

A trompa (arpa de boca, birimbao, guimbarda…) é un instrumento presente e
espallado por moitísimas culturas e continentes (Alemaña, Noruega, Italia,
Rusia, Vietnam, EEUU…). O instrumento tivo a facultade de adaptarse e
asimilar a idiosincrasia das culturas musicais que o acolleron ao longo dos
tempos.

Posiblemente o camiño de Santiago facilitou a chegada a Galiza e a súa
divulgación entre as xentes. Actualmente só na comarca da Fonsagrada se
mantén vivo o instrumento, grazas ás figuras de Emilio “O Pando” e César
Fernández. Eles son os últimos tocadores de trompa. A longa cadea de
transmisión oral que nos legou a singularidade a particularidade deste
instrumento corre serio risco de esvaecer se non creamos lazos que permitan
poñer a disposición dos novos instrumentistas todo o saber destes homes.

O obxectivo deste “I encontro de tocadores de trompa galega” é precisamente
facer un diagnóstico da situación actual do instrumento no país e sentar as
bases sobre as que nun futuro non moi lonxano nos permitan aumentar o número
de tocadores de trompa, así como o de ensinantes e estudiosos do mesmo.

Se queredes máis información sobre o encontro, podedes poñervos en contacto
coa Asociación no teléfono 986 847 074 ou ben mandando un correo electrónico
a: secretaria@gaiteirosgalegos.com"

Categorías:Sin categoría