Archive

Archive for 20 septiembre 2007

“XORNADAS SOBRE O RÉXIME XURÍDICO E FISCAL PARA ACTIVIDADES ARTÍSTICAS”

20 septiembre, 2007 Deja un comentario

 

 

"XORNADAS SOBRE O RÉXIME XURÍDICO E FISCAL PARA ACTIVIDADES ARTÍSTICAS"

 

 

 

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 29 de setembro as "Xornadas sobre o Réxime Xurídico e Fiscal para Actividades Artísticas". Terán lugar no Auditorio da Sede da Fundación Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, cun horario de 10:00 a 14:00 horas.

 

O obxectivo destas xornadas é o de informar das diferentes opcións legais, fiscais e contables das que se dispoñen para exercer actividades culturais. Serán totalmente participativas e abertas para que todos os asistentes plantexen as súas dúbidas.

 

Dende a AGG cremos que a normalización e a xestión adecuada destas actividades é necesaria para poder ofrecer unhas condicións de traballo seguras e uns salarios dignos.

 

Para asistir a estas xornadas é necesaria unha inscrición previa que deberá realizarse antes do 27 de setembro. Esta inscrición é totalmente gratuita.

 

Todos aqueles interesados poderán formalizala a través do correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben no teléfono 986 847 074 (Roi ou Patri)

 

 

Categorías:Sin categoría