CURSO 2016 – 2017!

14 septiembre, 2016 Deja un comentario

cartaz-clases

Ola a tod@s!

Comezamos un novo curso na AOFT de Ourense che@s de ilusión!

A partir do 15 de setembro comeza o prazo de preinscripción para as distintas actividades propostas pola escola. Podes facela dos seguintes xeitos!

  • Nos correos aoftou@hotmail.com ou gabelairas@yahoo.es indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto e actividade á que desexas asistir.
  • Nos teléfonos: 654173524 – 654173498
  • Falando co teu mestre ou a tua mestra directamente!

Este ano contamos cas seguintes actividades:

GAITA: Gonzalo Abelairas e Alejandro Miguélez.
PERCUSIÓN: Marcos Pérez Saburido (Kinhos).
CANTO E PANDEIRETA: Patricia López.
ACORDEÓNGerardo Quintela.
BAILE: Roberto Muradás

O XOVES 29 DE SETEMBRODE 20:00h 21:00h  FAREMOS A PRESENTACIÓN DAS DISTINTAS ACTIVIDADES E PODEREDES CONSULTAR CALQUERA DÚBIDA QUE TEÑADES, SERÁ NO NOSO LOCAL EN TRAS BLOQUE 8 BAIXO BARROCÁS-OURENSE

O LÚNS 3 DE OUTUBRO ARRANCAMOS!!!

Os horarios ORIENTATIVOS das actividades son:
*HORARIOS A CONCRETAR COS MESTRES.

horario-emt

 

*AGRUPACIÓN DE PÉ FEITO:
Aberta a calquera  persoa que queira tocar nela sempre e cando  a dirección da mesma, considere que ten un mínimo de nivel para participar.


Para calquera consulta:
email: gabelairas@yahoo.es  ou  aoftou@hotmail.com
telefonos: 654173524 – 654173498

Categorías:Sin categoría

Xigantes e Cabezudos nas Festas de Ourense

4 julio, 2016 Deja un comentario

O sábado disfrutamos acompañando aos Xigantes e Cabezudos  na “Batalla de Flores” das festas de Ourense!
Moitísimas gracias por convidarnos a participar!!!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Categorías:Sin categoría

Cea fin de curso 2016

4 julio, 2016 Deja un comentario

GRANDES!!!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Categorías:Sin categoría

CONCERTO FIN DE CURSO DA AOFT

22 junio, 2016 Deja un comentario

Hoxe fixemos o fin de curso da AOFT de Ourense, e a verdade que xa non sei nin que dicir, temos infinita sorte con todxs vós, a alegría e o bo rollo que transmitides é emocionante, mil parabéns a todxs xs q estivestes e aos q non puidestes.. para o ano non vos librades 😉 Menudo Equipazo :*

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Categorías:Sin categoría

FIN DE CURSO 2016

14 junio, 2016 Deja un comentario
Ola a todxs!
Remata un novo curso na AOFT (Asociación Ourensá de folclore tradicional) cargado de música e baile!
Para celebralo a agrupación De Pé Feito (agrupación formada polo alumnado das distinta escolas) queremos convidarvos ao concerto que daremos no Auditorio Emilia Pardo Bazán no edificio de ferro do Campus de Ourense o martes 21 de xuño ás 20.30h.
Esperámosvos
 cartaz fin de curso
Categorías:Sin categoría

Foliada na Galleira

9 junio, 2016 Deja un comentario

Boas a todxs! Este venres FOLIADA na Galleira!!!, onde estaremos a xente da Agrupación “De Pé Feito” de Ourense.
Vide botar unha peza e tomarlle algo este venres a partir das 22h que ademáis ás 22.30h entregarase o premio do I Certame de Ilustración Manuel María.

Vémonos!

13315445_1702233620038354_4854635825541194745_n

Categorías:Sin categoría

Martes no Geriatros de Barrocás e na TVG

25 mayo, 2016 Deja un comentario

Boísima tarde a do martes, onde estivemos colaborando en Geriatros Barrocás, amenizando un pouco a tarde e logo tocando en directo dende o local da AOFT, para o programa da Televisión de Galicia “Aquí e agora”.

Programa do martes24:
http://www.crtvg.es/tvg/programas/aqui-e-agora/

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Categorías:Sin categoría