Sin categoría

HORARIOS DAS ACTIVIDADES PARA ESTE CURSO 2023-2024

Deixamos o horario definitivo das actividades:

BAILE: amplíase os martes de 19:00h a 20:00h e mércores ás 21:10h (grupo de iniciación e de ampliación) con Ismael Rodríguez.
PERCUSIÓN: Xoves de 19:00h a 20:30 con Noel de Dios.

As actividades ofertadas son:

-*GAITA: Gonzalo Abelairas.
-*CANTO E PANDEIRETA: Patricia López.
ACORDEÓN: Álvaro Pérez.
FRAUTA: Fernando De Vicente.
PERCUSIÓN: Noel De Dios.
BAILE: Ismael Rodríguez.
ZANFON INICIACIÓN: Gonzalo Abelairas.

*O curso de Pandeireta
Incluirá outro tipo de percusións coma pandeiro, pandeira…

*MATERIAS CON APOIO ONLINE NA PLATAFORMA CLASSROOM.

Para calquera dúbida que teñades podedes achegarvos ao local
dentro do horario das actividades e alí consultarnos o que precisedes
.
Tamén a través do email aoftou@hotmail.com ou por whatsapp no 654173524.

Estándar
Sin categoría

CURSO 2023 – 2024:

Ola a todxs! Comezamos un novo curso! 

Coma todos os anos teremos aulas de gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón, frauta (pínfano), zanfona iniciación e baile.


A partir de hoxe LUNS 4 DE SETEMBRO, (ATA O 20 DE SETEMBRO) comeza o prazo de preinscrición para as prazas que quedan libres nas distintas actividades propostas pola escola, xa que todas contan con límite de prazas.

ARRANCAMOS AS AULAS O LUNS 2 DE OUTUBRO.

As actividades ofertadas son:

-*GAITA: Gonzalo Abelairas.
-*CANTO E PANDEIRETA: Patricia López.
ACORDEÓN: Álvaro Pérez.
FRAUTA: Fernando De Vicente.
PERCUSIÓN: Noel De Dios.
BAILE: Ismael Rodríguez.
ZANFON INICIACIÓN: Gonzalo Abelairas.

*O curso de Pandeireta
Incluirá outro tipo de percusións coma pandeiro, pandeira…

*MATERIAS CON APOIO ONLINE NA PLATAFORMA CLASSROOM.

-As cotas de gaita, canto e pandeireta son 135€ por todo o curso (seguindo o horario escolar de outubro a xuño incluídos as dúas asignaturas 250€ curso completo)

-Percusión: 20€ ao mes.

-Baile: 10€ ao mes

-Frauta e acordeón: falando directamente co mestre.

HORARIO PROVISIONAL DAS ACTIVIDADES :
*(a espera de completar os grupos durante as próximas datas)

AGRUPACIÓN DE PÉ FEITO
https://www.facebook.com/depefeito/
(Aberta a todxs xs alumnxs)
Unha vez ao mes, ensaios colectivos de toda a agrupación.


Para calquera dúbida que teñades podedes achegarvos ao local dentro do horario das actividades e alí consultarnos o que precisedes.
O local está situado en 
Rúa dos MirtosBarrocás, Ourense.





Estándar
Sin categoría

RESERVA DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024.

DO 16 AO 31 DE AGOSTO ESTARÁ ABERTA A RESERVA DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO E MATERIAS DO CURSO PASADO.

Será a través do seguinte formulario:

A Asociación Ourensá de Folclore con máis de 25 anos de historia oferta aulas en Ourense de: *canto e pandeireta, *gaita, percusión, frauta (pínfano), acordeón, iniciación á zanfona e baile.
*Con apoio online na plataforma Classroom.

Serán impartidas no local en Barrocás (rúa dos Mirtos, xunto o campo de fútbol).

Os horarios, toda a información, mestres e/ou novidades, estarán colgadas no noso blog o LUNS 4 DE SETEMBRO, data que arrancará o prazo de matrícula ata o 20 de setembro, DAS PRAZAS QUE QUEDEN LIBRES:

https://aoftou.wordpress.com

Arrancamos o curso o LÚNS 2 DE OUTUBRO.

¿Vas quedar sen a túa praza?
Contacta se tes calquera dúbida con nós a través do email aoftou@hotmail.com ou por whatsapp no 654173524.

Deixamos os horarios orientativos das actividades do pasado:

Estándar
Sin categoría

CURSO 2023-2024

Imagen
Sin categoría

Fin de curso 2022 – 2023

Onte celebramos o concerto e xantar-foliada de fin de curso da AOFT. Día cheo de emocións, reencontros…

Moitísimas gracias ao Liceo de Ourense por estar sempre disposto e colaborar con todo!
e a Asociación Aixiña polo xantar, o espacio para tocar e con sorteos sorpresa incluídos, parabéns xs afortunadxs 😝

Pero realmente a sorte témola xs profes…por ter un grupazo de xente que máis que alumnxs sodes familia…💙

Noraboa a todxs polo traballón feito!!!

#aoft25aniversario

Estándar
Sin categoría

CONCERTO – XANTAR FIN DE CURSO!

O DOMINGO 25 DE XUÑO, teremos o CONCERTO DE FIN DE CURSO.
Será ás 12:30h no LICEO DE OURENSE, entrada de balde!

Logo do concerto celebramos o xa tradicional xantar-foliada da AOFT.
A este xantar pode asistir quen queira, sexa ou non alumnado da AOFT, a única condición é ter fame e ganas de festa! ESTE ANO TEREMOS SORPRESAS NO XANTAR!!

Será ás 14:30h  no local da Asociación Aixiña (Rúa Recaredo Paz, nº1)
Menús con opción carne, peixe ou vexetariano a elexir previamente, o custo será 20€

Para asistir é necesario cubrir o seguinte formulario, un cuestionario por cada asistente.

Estándar