Inicio > Sin categoría > COMUNICADO Profesorado e Xunta Directiva da AOFT

COMUNICADO Profesorado e Xunta Directiva da AOFT

En primeiro lugar agardamos que esteades todos/as ben e levando o mellor posible este confinamento que nos tocou vivir.

O motivo deste comunicado é informarvos das últimas decisións que tomamos o profesorado e a directiva da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional:

 

Finalizaremos o  curso  o 19 de xuño, ata entón continuaremos enviando material didáctico, vídeos e partituras creados a tal efecto, a través dos diferentes grupos de whatsapp e carpetas compartidas para o traballo online.

Durante este mes, como tristemente non poderemos facer concerto de fin de curso, “xuntarémonos virtualmente” para a gravación dun tema musical, agrupando así a todo alumnado que participa nas distintas actividades que se imparten na AOFT e que colgaremos nas redes ao remate do curso.

Para finalizar, queremos darvos as gracias a todxs pola vosa paciencia, implicación e colaboración. Foi un curso especial por forza maior, agardamos poder saír pronto desta situación e vernos prontiño.

Se todo vai ben, o próximo curso dará comezo no mes de SETEMBRO e contamos con vós! así poderemos continuar disfrutando das amizades, comunidade e familia creada ao redor do baile e música tradicional.
Sempre ao voso dispor.

A Xunta Directiva e o Profesorado da AOFT

COMUNICADO AOFT
Categorías:Sin categoría
  1. Aún no hay comentarios.
  1. No trackbacks yet.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: