Archivo

Archive for 14 febrero 2020

CURSO DE PANDEIRA: 15 MARZO 2020

14 febrero, 2020 Deja un comentario

PANDEIRA, TÉCNICA E REPERTORIO:

Propoñemos a realización de dous obradoiros, un de iniciación e outro de nivel medio ou avanzado. Con eles, achegámonos a diferentes xeitos que temos atopado para a pandeira na área coñecida xenericamente como Ancares, na zona galega das montañas de Cervantes e Navia e na zona Leonesa arredor do Porto e do Val de Ancares, con algunha incursión no veciño suroccidente de Asturies.

Trataremos de transmitir e traballar conestes xeitos, ritmos e melodías procedentes do noso traballo de campo e de elaborar cos grupos participantes a montaxe das pezas para poder ser interpretadas.

Estes xeitos e sonoridades específicas configuranun abano de inmenso atractivo para estudiosas e estudiosos da música tradicional e para as entidades, asociacións, institucións e persoas que traballan na súa posta en valor como patrimonio inmaterial de incalculable valor. Sirva tamén este e outros obradoiros como recoñecemento ás persoas, moi maioritariamete mulleres, depositarias de este legado transmitido de xeración en xeración ata nos.

DATA E HORARIO

  • Domingo 15 de Marzo
  • Iniciación: 10 a 14 h
  • Avanzado: 16 a 20 h

PRAZAS LIMITADAS!!

PARA CALQUERA CONSULTA OU INSCRICIÓN:
SÓ A TRAVÉS DO WHATSAPP, NO NÚMERO DE TELÉFONO: 654173498

cartaz pandeira

 

FELISA SEGADE (COMPOSTELA)
De formación autodidacta, leva dende o ano 86 dedicada ao traballo de campo na recollida da nosa música e tradición cultural, co que alimenta tanto os seus traballos musicais como docentes. Imparte aulas de canto e percusión tradicional en diferentes entidades e agrupacións culturais de toda Galicia, e desde 1989 é integrante do grupo de baile e música tradicional Brincadeira (Compostela).
É cofundadora de Leilía (1989) e tamén de Tres Pesos, de máis recente formación, grupos nos que dedica o seu tempo na recopilación, análise, proposta musical e interpretación da música galega de tradición oral nas súas diferentes formas, manifestacións e expresións.

XERMÁN MUÍÑOS (COUSO-A ESTRADA)
Estudoso e investigador da tradición musical galega desde comezos dos 90, amante e defensor do traballo de campo, ao que ten dedicadoboa parte do seu tempo. Formado a través deste traballo de campo, compartindo experiencias con outras e outros investigadoras/es, acudindo a cursos impartidos por estas persoas e outras/os profesionais, recurrindo a fondos documentais…, mantendo unha intensa relación coas formas e expresións musicais do oriente da provincia de Lugo e o occidente das de Asturias e León a través da colaboración coa Festa da Pandeira de Piornedo.Foi integrante do grupo Pandeiromus durante longos anos, adicados á recopilación, estudo e interretación da música galega de tradición oral.

Felisa e Xermán, como moitas outras mestras e mestres en toda Galicia, imparten aulas arredor da percusión e da tradición oral galega e colaboran en investigacións, traballos de campo e recolleita, tamén propostas musicais, de diferente alcance e dimensión.

Categorías:Sin categoría

Curso de construcción de pandeira.

3 febrero, 2020 Deja un comentario

Este pasado domingo tivemos curso de construcción de Pandeira con Xosé Maceda!
Unha auténtica chulada!!!
Moitísimas gracias ao concello de Coles por deixar o espazo para a actividade.
Todas as fotos:

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Categorías:Sin categoría