Archivo

Archive for 15 septiembre 2019

CURSO 2019 -2020

15 septiembre, 2019 Deja un comentario

ARRANCAMOS:

A partir do 16 de setembro comeza o prazo de preinscrición para as prazas que quedan libres nas distintas actividades propostas pola escola, xa que todas contan con límite de prazas.

Podes facela dos seguintes xeitos:
• POR EMAIL: aoftou@hotmail.com ou gabelairas@yahoo.es indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto e actividade á que desexas asistir.
• POR WHATSAPP 654173524 – 654173498
• Falando coa tua mestra ou o teu mestre directamente!

As actividades ofertadas son:
GAITA: Gonzalo Abelairas.
PERCUSIÓN: Marcos Pérez Saburido (Kinhos).
CANTO E PANDEIRETA: Patricia López.
ACORDEÓN: Álvaro Pérez
BAILE: Roberto Muradás.
FRAUTA: Fernando De Vicente

Profesores.jpg

 

O curso de pandeireta incluirá outro tipo de percusións tradicionais,
(a organizar nas clases según repertorio).

E unha vez as mes, ensaios colectivos de toda a agrupación:
AGRUPACIÓN DE PÉ FEITO
(Aberta a todxs xs alumnxs da asociación)
*Informaremos tamén estes dias das posibles novidades.

Para calquera dúbida que teñades podedes achegarvos ao local dentro do horario das actividades e alí consultarnos o que precisedes.
O local está situado en TRAS BLOQUE 8 BAIXO BARROCÁS-OURENSE

O MÉRCORES 2 DE OUTUBRO ARRANCAMOS!!!

*O horario de Acordeón, a concretar co mestre.

hORARIO 20192020.jpg

 

Anuncios
Categorías:Sin categoría

Reforma do Local para o novo curso 2019-2020

10 septiembre, 2019 Deja un comentario

Xa temos preparado o local para comezar un novo curso, só queda darlle os últimos detalles!
Noraboa polo traballón xente! e moitísimas gracias a todxs!
En breve toda a información e horarios do curso 2019-2020.
Arrancamos!

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Categorías:Sin categoría