Archivo
“Noite de Troula e Folk” Maside
Onte estivemos participando na “Noite de Troula e Folk” en Maside co grupo “Xúa”, acompañadxs dun grupo de gaitas tamén da AOFT.
Unha noite ben chula tocando e cantando nos bares de Maside para rematar xunto aos grupos “Os Biruxes” e “Os Cotovías”.
Moitísimas gracias por contar con nós!
Pasarrúas e actuacións desta ponte
Estes dias participando en varias das moitas festas que temos:
O xoves 15, un grupo de gaitas da AOFT en Xunqueira de Ambía, os compañeiros do “Ruxir do Arnoia” en Cima de Vila e este domingo 18, participando xuntos na festa da Empanada, con parte da “Agrupación De Pé Feito” da AOFT.
Un placer e moitísimas gracias por contar con nós!
Festival Son da Burga 2019
Resumo da Actuación do grupo “De Pé Feito” no Festival Son da Burga 2019
Moitísimas gracias polo videos (inda que sexan de móvil quedan para ter o recordo)
Festas etnográficas en Allariz
Esta pasada fin de semana participamos nas festas etnográficas da Malla (en Queiroás da Igrexa) e a Fornada ( na Torre de Seoane)
E a maiores na festa de San Mamede de Urrós
Moitísimas gracias por contar con nós!
Festival “SON DA BURGA” en Molgas
O pasado venres 2 de Agosto en Molgas, tocando no festival “Son da Burga”
Moitísimas gracias por contar con nós!! Foi un auténtico pracer! pasámolo xenial! Moitísimas gracias a todxs xs que viñéchedes a velo e moitísimas gracias a Rebulir, disfrutamos moitísimo tocando e máis acompañados con todxs vos bailando 👏👏👏
Resumo de fotos: