Archive

Archive for 24 septiembre 2013

24 septiembre, 2013 Deja un comentario

O xurado designado pola Coral De Ruada de Ourense, concedeu o

 IV Premio Xabier Prado Lameiro 

á AOFT Gomes Mouro

como recoñecemento do traballo e compromiso ca cultura galega, e elemento aglutinador e colaborador de grupos que traballan desinteresadamente a prol do noso folclore.

O acto de entrega terá lugar este
mércores 25 de setembro no Teatro Principal de Ourense a partir das 21,00 h

Só podemos dicir, en nome de todos os compoñentes da AOFT Gomes  Mouro,
que sentímonos moi honrados por esta mostra de aprecio sinceiro.

A crónica da entrega do premio, en Tempo de Lecer:

http://www.tempodelecerourense.com/novas/consultar/1358/gomes_mouro_recibe_con_moito_carino_o_premio_xabier_prado_lameiro

cartaz

Categorías:Sin categoría

Comezo das Actividades na Escola de Música Tradicional de Ourense, curso 2013-2014

17 septiembre, 2013 Deja un comentario

Cartaz

Ola a tod@s

Este ano contamos con clases de:

GAITA: Gonzalo Abelairas e Alejandro Miguélez
PERCUSIÓN: Marcos Pérez Saburido (Kinhos)
CANTO E PANDEIRETA: Patricia López
MÚSICA E MOVEMENTO PARA NENOS/AS: Gerardo Quintela
ACORDEÓN: Gerardo Quintela
LINGUAXE MUSICAL: Gerardo Quintela
*ZANFONA: Carlos do Viso

O VENRES 4 DE OUTUBRO DE 20:00h. A 21:00h. PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DA ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL E CONSULTA DE CALQUERA DÚBIDA NO LOCAL DA ASOCIACIÓN
TRAS BLOQUE 8, BAIXO – BARROCÁS, OURENSE

LÚNS 7 DE OUTUBRO COMEZO DAS CLASES

Os horarios das actividades son:

Horarios

PREZOS DAS ACTIVIDADES:

 

– GAITA, CANTO E PANDEIRETA, PERCUSIÓN ou MÚSICA E MOVEMENTO: 120€/curso , (incluídos os 20€ de matrícula)

– Dúas asignaturas: 200 €/curso.

– Tres asignaturas:  A consultar

– Instrumento + Linguaxe musical : 170 €/ curso

– LINGUAXE MUSICAL: 100€/curso

 Os pagos realizaranse o comezo do curso ou en dous prazos durante o mes do outubro o 1º e durante o mes de xaneiro o 2º.

 

Asignaturas pendentes de formación de grupos:

– ACORDEÓN: Comezo das clases en Outubro.

– ZANFONA: Pendiente de formación dependendo de número minimo de alumnos/as. Cuota: 30€/mes.
Podes reservar a plaza e horario nos teléfonos ou email de contacto.

 

*AGRUPACIÓN DE PÉ FEITO:
Aberta a calquera  persoa que queira tocar nela sempre e cando  a dirección da mesma, considere que ten un mínimo de nivel para participar.
Os ensaios serán un mércores  o mes, de 20:00 a 22:00h.
Gratuíta para os/as alumnos/as da escola. Non alumnos/as 25€/curso

 

Para calquera consulta:
email: gabelairas@yahoo.es  ou  aoftou@hotmail.com
telefonos: 654173524 – 654173498

Un saludo a tod@s.

Categorías:Sin categoría

COMEZO DO CURSO 2013-2014

5 septiembre, 2013 Deja un comentario

 

Boas a tod@s.

Estes dias estamos a organizar as actividades da Escola de Música Tradicional de Ourense. Este ano con algunhas novidades que esperamos pechar estes dias e diversos obradoiros a realizar durante o curso!

En breve subiremos toda a información cos horarios, precios das actividades, matrículas,…, tanto no fácebook como no espacio da Asociación:

-Clases de Gaita, (Iniciación e Perfeccionamento)
-Acordeón
-Percusión
-Canto e Pandeireta
-Linguaxe Musical
-Música e Movemento para os máis pequen@s

-AGRUPACIÓN “DE PÉ FEITO”
Comezo das clases e posta de horarios, a primeira semana de Outubro

Para calquer consulta:

gabelairas@yahoo.es    –    aoftou@hotmail.com
654173524 – 654173498

Un saudo a tod@s

Categorías:Sin categoría