ACTIVIDADES, HORARIOS E MATRÍCULAS
Hola a tod@s
Este ano contamos con clases de Gaita, Percusión, Canto e Pandeireta, Música e Movemento para nenos/as e Acordeón.
Os horarios das actividades son:
Gaita:
Iniciación os Mércores de 18:30 a 19:30
Perfeccionamento: Martes de 20:00 a 22:00 e mércores de 20:30 a 22:00*
Percusión
Mércores de 19:30 a 20:30
Canto e Pandeireta
Lúns de 19:00 a 22:00, (tres grupos según niveis de 1h cada grupo)
*Música e Movemento para nenos/as
*Acordeón
Estas dúas actividades teñen reservado o venres, tanto de mañá como de tarde ou sábado a mañá, pendentes da formación dos grupos a partir de outubro.
Podedes ir reservando plaza a través dos teléfonos de contacto ou por email
*Agrupación DE PÉ FEITO:
Este ano abrirase a agrupación a calquer persoa que queira tocar nela sempre e cando a dirección da mesma, considere que ten un mínimo de nivel para participar
PREZOS DAS MATRÍCULAS:
Este ano rebaixaranse un pouco as matrículas das actividades individuais, quedando:
Gaita, Canto e Pandeireta: 120€ , (o prezo inclúe os 20€ de matrícula máis 9 meses de clases)
Percusión: 100€ (o prezo inclúe os 20€ de matrícula máis 9 meses de clases)
Música e movemento para nenos/as: 120€ (o prezo inclúe os 20€ de matrícula máis 9 meses de clases)
Acordeón*, pendente da formación de grupos
As actividades dan dereito coma o ano pasado a 1h. coa actividade do grupo no que estés matriculado, máis outra de “conxunto”
O pago pódese facer nun só ingreso, durante o primeiro mes de clases ou en dous fraccionados, o primeiro no primer mes de actividades e o segundo o comezar o ano en xaneiro
Para calquer consulta:
email: gabelairas@yahoo.es ou aoftou@hotmail.com
telefono: 654173524
Un saludo a tod@s