Archivo

Archive for 29 marzo 2010

CURSO DE GAITA 2010

29 marzo, 2010 1 comentario

CURSOS DE GAITA GALEGA 2010

(abril, maio e xuño)

 

 

 

 Organizan:

EMT- Escola de música tradicional de Ourense,

Asociación Ourensá de folclore tradicional – Gomes Mouro.

 

· Mestre: Xosé Miguélez

 

 

 

Niveis e duración dos cursos:

 

Medio, 4 sesións de 4 horas de duración

Avanzado, 4 sesións de 4 horas de duración

 

Datas :

 

Nivel medio: 10/04, 24/04, 08/05, 15/05/2010

Nivel avanzado: 29/05, 05/06, 12/06, 19/06/2010

 

Horario e lugar de celebración:

 

09:30 a 14:00 sábados (descanso entre as 11:30 e 12:00) no local da EMT, Tras Barrocas, 9 baixo, Ourense.

 

Plazas ofertadas:

 

Nivel medio: 12 alumnos activos e 15 oíntes

Nivel avanzado: 10 alumnos activos e 15 oíntes.

 

 

Prezo e matrícula:

 

Nivel medio: alumnos activos 25€ (prezo para alumnos da

EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) 50€ alumnos externos. Alumnos oÍntes

10€ (prezo para alumnos da EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) alumnos oÍntes

externos 40€.

Nivel avanzado: alumnos activos 25€ (prezo para alumnos da

EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) 60€ alumnos externos. Alumnos ouvintes

10€ (prezo para alumnos da EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) alumnos ouvintes

externos 50€.

 

A reserva de praza e calquera consulta en referencia aos cursos realizarase

nos teléfonos 654173524/627511770 ou a través do enderezo electrónico

gabelairas@yahoo.es , despois da confirmación da plaza cos responsables da

AOFT o pagamento farase mediante ingreso/transferencia no número de conta

da AOFT:

 

Nº de Conta: 2091 0400 84 3040038100

Entidad:Caixa Galicia

 

no concepto do ingreso/transferencia deberá figurar o texto “cursos gaita galega 2010 AOFT”, no primeiro día do curso amosarase o xustificante bancario do ingreso/transferencia.

 

Recoméndase traer, como mínimo, unha gaita galega afinada en do,

palletas, pallóns e material para a súa manipulación así como un

caderno de música e un pendrive cunha capacidade mínima de 1gb.

Parte das sesións pode ser gravada en audio/video para o seu análise crítico

por parte do mestre, en ningún caso se reproducirá publicamente en ningún

medio nin soporte sen consentimento do alumno/a.

 

+ información nas páxinas:

 

www.xlmiguelez.com

http://aoftou.spaces.live.com/

 

 

Contidos e organización das sesións:

Nivel medio:

 

1ª aula, sábado 10/04/10

9:30-10:00 Presentación e reparto de materiais didácticos

10:00-10:30 Organización das sesións de estudo para gaiteiros

10:30-11:30 Traballo sobre a posición co instrumento, exercicios de quentamento e hixiene postural.

11:30-12:00 Descanso

12:00-13:00 Afinación: a afinación natural, a serie de armónicos como

referencia para a afinación da gaita galega.

13:00-14:00 Análise e interpretación das obras a traballar no curso – proceso a

seguir para a aprendizaxe dunha peza musical na gaita galega

 

2ª aula, sábado 24/04/10

9:30-10:00 Presentación de novas publicacións para gaita galega

10:00-10:30 Práctica da lectura á vista na Gaita

10:30-11:30 Empalletado, elección da palleta e a súa manipulación

11:30-12:00 Descanso

12:00-13:00 Ornamentación da liña melódica, criterios estéticos e diferentes

tipos de adornos.

13:00-14:00 Audición e crítica das obras traballadas no curso.

 

3ª aula, sábado 08/05/10

9:30-10:00 Fontes de estudo para o repertorio do Gaiteiro

10:00-10:30 Presentación de novas achegas para o instrumento

10:30-11:30 Afinación do punteiro, dixitacións alternativas, afinación con

instrumentos temperados.

11:30-12:00 Descanso

12:00-13:00 Vencer ás pasaxes musicais complicadas (técnicas de repetición,

inhibición, variación rítmica).

13:00-14:00 Audición e crítica das obras traballadas no curso.

 

4ª aula, sábado 15/05/10

9:30-10:30 Notación musical para a Gaita Galega.

10:30-11:30 Estudo da linguaxe tradicional na Gaita galega, o proceso de

transcripción. Gravacións históricas da Gaita galega

11:30-12:00 Descanso

12:00-14:00 Audición e crítica das obras traballadas no curso.

 

 

 Nivel avanzado:

 

1ª aula, sábado 29/05/10

9:30-10:00 Presentación e reparto de materiais didácticos

10:00-10:30 Organización das sesións de estudo para gaiteiros

10:30-11:30 Traballo sobre a posición co instrumento, exercicios de quentamento e hixiene postural.

11:30-12:00 Descanso

12:00-13:00 Afinación: a afinación natural, a serie de armónicos como

referencia para a afinación da gaita galega. Entrenamento auditivo para o

gaiteiro.

13:00-14:00 Análise e interpretación das obras a traballar no curso – proceso a

seguir para a aprendizaxe dunha peza musical na gaita galega

 

2ª aula, sábado 05/06/10

9:30-10:00 Presentación de novas publicacións para gaita galega

10:00-10:30 Práctica da lectura á vista na Gaita

10:30-11:30 Empalletado, elección da palleta e a súa manipulación

11:30-12:00 Descanso

12:00-13:00 Ornamentación da liña melódica, criterios estéticos e diferentes

tipos de adornos.

13:00-14:00 Traballo sobre a técnica no instrumento, dixitación, articulación e

ornamentación. Estudos técnicos para Gaita.

 

3ª aula, sábado 12/06/10

9:30-10:00 Fontes de estudo para o repertorio do Gaiteiro

10:00-10:30 Presentación de novas achegas para o instrumento

10:30-11:30 Afinación do punteiro, dixitacións alternativas, afinación con

instrumentos temperados. Punteiros en diferentes afinacións na mesma peza.

11:30-12:00 Descanso

12:00-13:00 Vencer ás pasaxes musicais complicadas (técnicas de repetición,

inhibición, variación rítmica).

13:00-14:00 Audición e crítica das obras traballadas no curso.

 

4ª aula, sábado 19/06/10

9:30-10:30 Notación musical para a Gaita Galega.

10:30-11:30 Estudo da linguaxe tradicional na Gaita galega, o proceso de

transcripción. Gravacións históricas da Gaita galega

11:30-12:00 Descanso

12:00-14:00 Audición e crítica das obras traballadas no curso.

 

 

Xosé Miguélez é un dos máis destacados gaiteiros galegos.

Alterna a súa actividade artística entre a música para gaita, na súa faceta

tradicional e a máis contemporánea e o jazz, estilo ao que se adica

profesionalmente como saxofonista.

Como gaiteiro deuse a coñecer no ano 1989 acadando a fase final do concurso

McAllan celebrado en Lorient, Francia para, un ano máis tarde,gañar o

concurso Fin de Siglo para Gaita galega, con tan so dezasete anos de idade.

Dende aquela ten feito unha intensa actividade profesional como intérprete e

pedagogo dentro da música galega.

Formouse musicalmente entre Galicia, Portugal e o Reino Unido onde ven de

rematar estudos de posgrao en jazz na Guildhall School of music and drama,

Londres, Para a realización destes estudos foi bolseiro da Fundación Caixa

Galicia.

No ano 2006 convertiuse no primeiro titulado superior en música tradicional

galega polo Conservatorio superior de música de Vigo.

Licenciouse en jazz, na Universidade de Porto, Portugal, dentro da Esmae,

Escola superior de música e artes do espectaculo, no ano 2008.

Na súa discografía, con máis de quince referencias, destaca o CD “Esperanza”

que recibiu unha grande acollida tanto de publico como da crítica

especializada. Na actualidade imparte aulas de gaita galega e música

tradicional no Conservatorio profesional de música de Vigo.

 

+info

www.xlmiguelez.com

 

Anuncios
Categorías:Música