Sin categoría

III Seminario de Palletas e Pallóns

 
 
 
III Seminario de Palletas e Pallóns
 
 
 
 
 
O próximo domingo 27 de abril celébrase en Melide, organizado pola
Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración da Asociación Castelo de
Melide, o III Seminario sobre Palletas e Pallóns para gaita galega. Será a
partir das 11h da mañá no centro multiusos desta localidade e a entrada é
totalmente gratuíta.

Ao longo da mañá abordaranse temas fundamentais e problemáticos, tanto para
artesáns como para intérpretes, que xiran en torno á elección da palleta,
empalletado, afinación da gaita, conservación das palletas… e todo se fará
baixo os garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia
como é a que teñen os participantes neste seminario: Amado Domingo “Cubero”
e Sito Carracedo.

A Asociación de Gaiteiros Galegos, con este seminario, quere facer especial
fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta
actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos
que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio
de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou
non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e
intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a
perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.

Durante todo o día poderase asistir ás diferentes actividades que a
Asociación Castelo de Melide ten programadas na IV Foliada de Melide

 
portada
Estándar

Deja un comentario