Archivo

Archive for 10 diciembre 2007

Dia do Orgullo Gaiteiro

10 diciembre, 2007 Deja un comentario
 
 
IV DIA DO ORGULLO GAITEIRO
15 e 16 de Decembro de 2007
 
 
Este fin de semana,  AOFT GOMES MOURO organiza o "IV dia do ORGULLO GAITEIRO"
 
As actividades para o fin de semana son:
 
SÁBADO, 15 DE DECEMBRO: (Todas as actividades na sala Anexa do Auditorio Municipal de Ourense, entrada gratuita)
 
16:00 a 18:00 – Emisión en directo do Programa: "LUME NA PALLEIRA", con Emilo Españadero coa intervención e presentación do cd "As fontes Musicais" do Gaiteiro JUANJO FERNÁNDEZ.
18:15 a 19:00 – Charla didáctica: "OS INSTRUMENTOS POBRES" con XAVIER BLANCO
19:00 a 19:30 – ACTO DE HOMENAXE: Ao programa "ALALÁ" da Radio televisión de Galicia e ao Sr. ANTONIO GONZÁLEZ FRANCO", membro fundador do grupo de gaiteiros "Os Francos" de Ourense
19:30 a 20:30 – Actuación de PABLO SEOANE co seu novo traballo, "Fluíndo en Pechado"
 
21:30 – "CEA DO ORGULLO GAITEIRO"
No Servicio de  cociña de "AIXIÑA", rúa da Farixa 7, na Finca Sevilla, ao lado do Pazo de deportes, "Paco Paz"
Prezo da cea 18€ – (Para Alumn@s e soci@s da AOFT GOMES MOURO 15€)
 
*Para a cea hai que reservar via email: gomesmouro@mundo- r.com ou no teléfono: 609022512 durante a semana*
 
 
 
DOMINGO 16 DE DECEMBRO: (Domingo de Lecer – Carpa da explanada das Burgas)
 
12:00 a 14:00 – XORNADA DO TRAXE GALEGO, (Colabora: Centro Xaquín Lorenzo Xocas), onde amosaranse diferentes tipos de traxes, explicaranse as partes e onde anímamos a que todo o mundo participe indo vestido.
Amenizado con Música e baile
 
Domingo 16 de decembro de 17:00 a 19:00 "Gaiteiros de Castro Floxo" e "Gomes Mouro"
 
 
 
Quededes todos convidados!!!!!
 

cartaz orgulho gaiteiro 07flyer orgulho gaiteiro 07
Categorías:Sin categoría