Archivo

Archive for 30 noviembre 2007

Domingos de Lecer

30 noviembre, 2007 2 comentarios
 
 
DOMINGOS DE LECER
 
 
Dende a Asoc.Cultural AOFT GOMESMOURO querémosvos convidar aos "Domingos
de Lecer", que durante este mes de nadal terán lugar na zona vella de
Ourense.
Os es as "GomesMouro" coordinamos unha serie de actividades vencelladas
á música tradicional (coa colaboración do Centro Cultural Xaquín
Lorenzo):  obradoiros de iniciación, charlas, seráns e concertos que
faremos nunha carpa na explanada das Burgas. Os obradoiros (para tódolos
públicos),  serán pola mañá, de 12 a 14 hs, fundamentalmente prácticos e
participativos, e comezamos este Domingo día 2 cun "Obradoiro de
iniciación ao baile", para logo poñer en practica nos concertos e seráns
a partires das 17 hs con varios grupos e asociacións ourensáns.
Así que , ánimarse a participar, e en calquera caso,vos agradeceríamos
que difundirades esta información a quén poidera interesar.

 

Aqui tedes toda a información das actividades

  

DOMINGO 2

 

DOMINGO 9

 

DOMINGO 16

DOMINGO 23

 

OBRADOIROS (12:00h. a 14:00h.)

 

OBRADOIRO DE BAILE

 

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS POLPULARES

 

 

 

TRAXE GALEGO

 

RITMOS E FORMAS

PERCUSIÓN

CONCERTOS (17:00 a 19:00h.)

 

“AGARIMO”

+

ABELENTE

 

GATEIROS DA PONTE VELLA

+

PANDERETEIRAS DE CASTRO FLOXO

 

 

GAITEIROS DE CASTRO FLOXO

+

GOMES MOURO

 

PRESENTACIÓN DA 

AGRUPACIÓN DA EMT

 

1ª SERÁN URBÁN

 

 

domingos de lecerdomingos de lecer, actividades
 

Anuncios
Categorías:Sin categoría

Mostra de Cuartetos

2 noviembre, 2007 Deja un comentario
 
 
 
MOSTRA DE CUARTETOS DE MARÍN
 
 
 
 
A Asociación de Gaiteiros Galegos inaugura o vindeiro venres, 2 de Novembro
ás 19:30 h. no Museo Municipal Manuel Torres de Marín (Avda. De Ourense,3) a
IV Mostra de Cuartetos tradicionais. Esta actividade, promovida pola AGG e
patrocinada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e o
Concello de Marín, pretende afondar no coñecemento dunha das formacións máis
importantes dentro da nosa música tradicional como é o Cuarteto de dúas
gaitas, tambor e bombo. A Mostra inclúe exposicións, debates, conferencias e
actuacións musicais, que, no presente ano, xirarán arredor do grupo “Os
Tempranos de Eiris”, da Coruña.

O venres 2 de novembro, trala inauguración da exposición ás 19:30, as
actividades continuarán cun pequeno concerto do cuarteto "Picuiña" de Marín
ás 20:00 h, tamén no Museo Manuel Torres. Seguidamente, organizarase un
magosto na praza da Veiguiña, que estará aberto á participación de tódolos
cuartetos que o desexen, potenciando a participación dos grupos que estean
comezando e facilitando que experimenten a sensación de animar unha festa
popular como facían estas formacións nas súas orixes. Haberá castañas de
balde.

 
 
 
cartel mostra
Categorías:Sin categoría