I ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA
ENCONTRO DE TOCADORES DE TROMPA",organizado pola Asociación de Gaiteiros
Galegos.
A trompa (arpa de boca, birimbao, guimbarda…) é un instrumento presente e
espallado por moitísimas culturas e continentes (Alemaña, Noruega, Italia,
Rusia, Vietnam, EEUU…). O instrumento tivo a facultade de adaptarse e
asimilar a idiosincrasia das culturas musicais que o acolleron ao longo dos
tempos.
Posiblemente o camiño de Santiago facilitou a chegada a Galiza e a súa
divulgación entre as xentes. Actualmente só na comarca da Fonsagrada se
mantén vivo o instrumento, grazas ás figuras de Emilio “O Pando” e César
Fernández. Eles son os últimos tocadores de trompa. A longa cadea de
transmisión oral que nos legou a singularidade a particularidade deste
instrumento corre serio risco de esvaecer se non creamos lazos que permitan
poñer a disposición dos novos instrumentistas todo o saber destes homes.
O obxectivo deste “I encontro de tocadores de trompa galega” é precisamente
facer un diagnóstico da situación actual do instrumento no país e sentar as
bases sobre as que nun futuro non moi lonxano nos permitan aumentar o número
de tocadores de trompa, así como o de ensinantes e estudiosos do mesmo.
Se queredes máis información sobre o encontro, podedes poñervos en contacto
coa Asociación no teléfono 986 847 074 ou ben mandando un correo electrónico
a: secretaria@gaiteirosgalegos.com"